A - I n f o s
a multi-lingual news service by, for, and about anarchists
**
News in all languages
Last 40 posts (Homepage)
Last two
weeks' posts
The last 100 posts, according
to language
Castellano_
Català_
Deutsch_
Nederlands_
English_
Français_
Italiano_
Polski_
Português_
Russkyi_
Suomi_
Svenska_
Türkçe_
The.Supplement
{Info on A-Infos}
(pt) Galiza, Compostela: 100 000 pessoas na 5ª maré humana
From
a-infos-pt@ainfos.ca
Date
Tue, 6 May 2003 15:44:18 +0200 (CEST)
______________________________________________________
A - I N F O S S e r v i ç o de N o t í c i a s
http://www.ainfos.ca/
http://ainfos.ca/index24.html
________________________________________________
de pt.indymedia.org
Janela em 2003-05-06
Moitas gracias a todos e a todas
A quinta marea humana de Nunca Máis ateiga de novo de dignidade Compostela
05/05/2003 Máis de 100.000 persoas voltaron encher as ruas de Santiago. A
dignidade voltaba-se mollar nesta cidade co mesmo problema de hai seis
meses: un barco afundido no noso litoral que segue a botar fuel.
Pasadas as doce da mañá comezaba andar a manifestación. Desde a Alameda, e
ainda sen chúvia, o paso dos e das manifestantes desta mobilización cidadá
de Nunca Máis arrincaba os aplausos da xente que se atopaba nas ruas de
Santiago.
Emocionante, esa é a palabra que define o que milleiros de persoas
voltaron sentir o 4 de maio. Porque despois de case médio ano as
reivindicacións e esixéncias da Plataforma Nunca Máis seguen a ter plena
vixéncia, e tamén teñen o apoio da cidadanía galega, farta de que lle
ensinen o que ten ou non ten sentido, de receber leccións, cando voltou
ser este 4 de maio o povo galego o que voltou dar outra lección máis ao
Governo que non escoita nen aos sectores produtivos, nen aos cientificos,
nen a sociedade en xeral.
Ainda que os médios de comunicación só recolleron esta mobilización nos
dias prévios para receber críticas e califica-la dun "sinsentido", as
xentes do país de Nunca Máis xa saben que a esas cousas non hai que
facer-lles caso, e asi voltaban recuperar as ruas, coa verdade e a
dignidade por diante até completar o percorrido previsto.
E foi na chegada a praza do Obradoiro cando Vitor Mosqueira e Luis Tosar
deron comezo ao acto final, no que Ester Rivas, mariscadora de Cabo de
Cruz, Pablo Villar, xerente da confraria de Cangas, e Uxia Senlle e Suso
de Toro deron leitura a tres manifestos nos que se falaba das necesidades
dos sectores produtivos como é a limpeza total das praias, rochas e fundos
mariños, a rexeneración e repovoación do noso litoral e que dunha vez por
todas se asuman as responsabilidades políticas que a sociedade galega leva
a pedir desde o 13 de novembro: demisións.
Ateigando os soportais, a praza do Obradoiro enchia-se de xente
enchoupada, e Luis Tosar e Victor Mosqueira pedian aos que ali estabamos
que pecháramos os paraguas para saudar-nos de novo, nesta quinta marea
humana.
Mentras a cámara que se emite via web que está na praza do Obradoiro só
transmitia unha foto fixa de peregrinos, no Obradoiro berraba-se "que
chova, que non, governo demisión!" e Leilia versionaba o "eu chorei,
chorei" por un cantar por non chorar que falaba dó naufráxio do Prestige e
que podedes atopar cos outros manifestos recollidos aqui
E despois os Diplomáticos de Monte Alto tocaban várias pezas que puñan un
fin de festa animado e ben pasado por auga.
Por último, desde a Plataforma Nunca Máis queriamos agradecer todo o
esforzo que se realizou desde as comarcas, a todos aqueles e aquelas que
asistiron a esta mobilización e voltaron deste xeito amosar o seu apoio a
Nunca Máis. Non vos esquecemos, sodes forza, sodes o mellor do noso país,
vos sodes Nunca Máis! E ainda que non o admitan, teñen un problema, non
poden con nós, non poden con nós!
Outras leituras
www.plataformanuncamais.org/noticia.php?lang=gal¬icia=30
www.plataformanuncamais.org
www.nodo50.org/mareanegra/
*******
********
****** Serviço de Notícias A-Infos *****
Notícias sobre e de interesse para anarquistas
******
ASSINATURAS: lists@ainfos.ca
RESPONDER: a-infos-d@ainfos.ca
AJUDA: a-infos-org@ainfos.ca
WWW: http://www.ainfos.ca/org
INFO: http://www.ainfos.ca/org
Para receber a-infos numa língua apenas envie para lists@ainfos.ca
a mensagem seguinte:
unsubscribe a-infos
subscribe a-infos-X
onde X= pt, en, ca, de, fr, etc. (i.e. o código de idioma)
A-Infos Information Center