A - I n f o s
a multi-lingual news service by, for, and about anarchists
**
News in all languages
Last 40 posts (Homepage)
Last two
weeks' posts
The last 100 posts, according
to language
Castellano_
Català_
Deutsch_
Dutch_
English_
Français_
Italiano_
Polski_
Português_
Russkyi_
Suomi_
Svenska_
Türkçe_
The.Supplement
{Info on A-Infos}
(pt) Panfleto repartido na manifestación contra a guerra realizada en Vigo o día 15 de Marzo
From
<gasvigo@hotmail.com>
Date
Sun, 16 Mar 2003 11:06:22 +0100 (CET)
______________________________________________________
A - I N F O S S e r v i ç o de N o t í c i a s
http://www.ainfos.ca/
http://ainfos.ca/index24.html
________________________________________________
Resistencia global contra as masacres
grupo axitacion social em 2003-03-16
Panfleto repartido na manifestación contra a guerra realizada en
Vigo o día 15 de Marzo, que convocada pola Coordinadora Galega
pola Paz, congregou a unhas cen mil persoas, comezou ás sete da
tarde desde Vía Norte e rematou na Porta do Sol, por suposto na
pancarta principal foron o alcalde e demáis candidatos dos
partido de esquerda da cidade, ás próximas eleccións municipais.
De todas formas foi unha manifestación bastante heteroxénea.
O Grupo de Axitación Social, de recente creación non ten unha
definición ideolóxica cerrada poderíamos definilo como
anticapitalista e asambleario pretende buscar a súa identidade a
través da acción e as formas de loita, nun futuro espero
difundir ás súas bases para que non pareza un grupo fantasma que
aparece de repente, nesta manifestación decidimos disolvernos
nos participantes sen adscribirnos a nengún bloque, se ben nesta
manifestación tampouco estaban tan marcados os mesmos, non
levamos pancarta nen rasgos externos diferenciadores, non é que
vaiamos a presentarnos sempre así nas manifestacións pero neste
caso pareceunos o acertado.
Resistencia global contra as masacres
O día 15 de Febreiro foi un gran éxito da humanidade, máis de
110 millóns de persoas manifestaron en todo o mundo o seu
compromiso contra a guerra, a iniciativa de movementos sociais
coordinouse internacionalmente a protesta, de forma
descentralizada.
Pero isto non quedou aí como un feito histórico ou illado,
serviu para cristalizar un movemento contra a guerra que xa viña
de antes e que continua hoxe.
Agora, a oposición ó ataque ten que ser máis firme, os que
pretenden atacar Iraq deixan ver ás claras que as manifestacións
por masivas que estas sexan, non os farán cambiar os seus plans.
Tampouco debemos esquecer que a guerra global xa está en marcha,
aínda que non fose declarada en Iraq, alí existiu durante todos
estes anos de xenocidas sancións internacionais e bombardeos
selectivos, tamén en Afganistán onde buscando combater o
terrorismo provocaronse máis víctimas inocentes e se impuxo un
goberno títere dos USA, igual de corrupto e criminal que ó que
substitúe, existe en África, con numerosas guerras esquecidas
promovidas polas multinacionais e que se fan pasar por tribais,
existe aquí en Europa coas fronteiras pechadas para os
refuxiados e inmigrantes, ou leis que limitan cada vez máis as
nosas liberdades á vez que serven para enmascarar a tortura e o
terrorismo de estado.
Existe en todo este mundo en definitiva, convertido en Imperio
global, cos USA á cabeza pero coa complicidade necesaria do
capitalismo mundial (tanto de Oriente como de Occidente) que os
precisa para defender e estender o seu dominio sobre persoas e
recursos.
Seguindo a liña da coordinación internacional, nós difundimos o
chamamento para que o día que se produza o ataque se realicen
accións encamiñadas a paralizar a nosa cidade, non pode ser que
entremos en guerra e isto pase desapercibido na nosa vida
cotián.
Ademais ese día concentrarémonos ás 20 horas no MARCO (rua do
Príncipe), pero debemos converter a concentración nun corte de
tráfico, para que a protesta se amplifique como declaración
física de que estamos dispostos a desobedecer e enfrontar a súas
leis e decisións inxustas.
G.A.S.
*******
********
****** Serviço de Notícias A-Infos *****
Notícias sobre e de interesse para anarquistas
******
ASSINATURAS: lists@ainfos.ca
RESPONDER: a-infos-d@ainfos.ca
AJUDA: a-infos-org@ainfos.ca
WWW: http://www.ainfos.ca/org
INFO: http://www.ainfos.ca/org
Para receber a-infos numa língua apenas envie para lists@ainfos.ca
a mensagem seguinte:
unsubscribe a-infos
subscribe a-infos-X
onde X= pt, en, ca, de, fr, etc. (i.e. o código de idioma)
A-Infos Information Center