A - I n f o s
a multi-lingual news service by, for, and about anarchists **

News in all languages
Last 40 posts (Homepage) Last two weeks' posts

The last 100 posts, according to language
Castellano_ Català_ Deutsch_ Nederlands_ English_ Français_ Italiano_ Polski_ Português_ Russkyi_ Suomi_ Svenska_ Türkçe_ The.Supplement
{Info on A-Infos}

[no subject]

From a-infos-pt@ainfos.ca
Date Wed, 11 Jun 2003 23:57:44 +0200 (CEST)
Galiza Achegamento á historia do sindicalismo mariñeiro en Cariño


______________________________________________________
A - I N F O S S e r v i ç o de N o t í c i a s
http://www.ainfos.ca/
http://ainfos.ca/index24.html
________________________________________________

Coa proclamación da II República produciuse unha revitalización xeral do
movemento obreiro na Galiza, aparecendo novas sociedades obreiras que
entraban en competencia coa ata entón hexemónica U.G.T. Dentro da CNT, os
sindicatos pesqueiros agrúpanse na "Federación Regional de Industria
Pesquera" (F.R.I.P.) extendendo a organización sindical por boa parte da
costa galega. Foi neste contexto no que tivo lugar o desenvolvemento da
CNT en Cariño, apoiada dende os seus comenzos tanto pola F.R.I.P. como por
outros sindicatos da CNT existentes nas cercanías, encabezados pola
"Federación Comarcal de Sindicatos Únicos de Ferrol y su comarca". En
xaneiro de 1933 o corresponsal do xornal "CNT" en Cariño xa falaba da
expansión da CNT na comarca ao tempo que se laiaba dos apuros que pasaban
os 400 traballadores do mar, xa que só pescaban sete meses ao ano, e tiñan
que pasar os cinco meses do inverno "con los estomagos vacíos y sentados
en la playa de Cariño". Criticaba tamén a situación das 500 traballadoras
das fábricas de conserva, que cobraban 2,50 pesetas de xornal diario, polo
duro traballo de descargar o peixe metidas no mar por riba da cintura.
Como un dos organizadores do "Sindicato de Industria Pesquera y sus
Derivados" (S.I.P.) da CNT en Cariño, aparece Manuel Pita Armada, un dos
fillos do empresario cariñés Luis Pita Cribeiro. Xunto del escomenzan a
actuar tamén o seu irmao José, e tamén os irmaos López (un deles retornado
da emigración norteamericana), José Suárez, Sara Mandiá e Cipriano López
Armada. Ainda que de xeito precario, na comarca de Ortegal funcionaban
tamén outros sindicatos vencellados á CNT, como eran os de "Proletarios"
de San Claudio ou o de "Obreros" de Cedeira. O Sindicato de Obreros da CNT
en Cedeira nacera ao carón do conflicto que entrontou aos traballadores
anarcosindicalistas coas autoridades e coa UGT na construcción da
carreteira a Punta Candieira. Anos andados, un dos cadros mais destacados
desta sociedade, Jesús Lourido Arribí, sería un dos fundadores do
"Sindicato de Marineros y Similares de Cedeira", vencellado ao sindicato
comunista C.G.T.U. A penetración do anarcosindicalismo na comarca atopaba
grandes problemas para consolidarse, polo ambente pechado característico
das zonas rurais neses anos, no que a igrexa e o caciquismo tiñan un
control case que absoluto da poboación. Para contrarrestar estas
influencias, creouse no verán de 1933 o Ateneo Cultural Recreativo
Cariñense, unha sociedade de tipo cultural na que participaron algúns
militantes anarcosindicalistas de Cariño e mesmo un dos mais destacados
militantes anarquistas da Galiza, como é Luis Abella Beade , membro da
"Sociedad de Camareros y Cocineros" de Ferrol. Do mesmo xeito, en Loiba
funcionaba a "Sociedad Recreativa e Instructiva de Loiba", dende o final
da Dictadura de Primo de Rivera; esta sociedade mantiña unha biblioteca e
realizaba no seu local actividades de formación para unha maioría de
campesiños analfabetos. Un dos seus principais impulsores foi Vicente
Castelo, outro militante anarquista retornado despois de estudiar en
Madrid e traballar en "El Pueblo Gallego" de Vigo. En agosto de 1934,
produciue o ingreso efectivo do "Sindicato de Industria Pesquera" (S.I.P.)
na CNT, incorporando á mesma a 300 afiliados. Ao pouco tempo, en setembro
do mesmo ano, produciuse o mais importante conflicto laboral deste período
en Cariño, cando uns 2.000 traballadores da comarca respostaron á
convocatoria de folga do S.I.P. contra os patronos das industrias
pesqueiras en conserveiras. Diante da folga, a patronal tentou continuar o
traballo con esquirois, provocando manifestacións de protesta e
enfrentamentos coas forzas de orde público. O día 19 de setembro estalaba
un petardo (do que os sindicalistas culparon á patronal) e as autoridades
aproveitaron para aplicar a "Ley de Orden Público", clausurando o
Sindicato e detendo aos mais destacados militantes . Impuxoselles unha
multa de 1000 pesetas, unha cifra desorbitante, que daquela era o soldo
dun ano enteiro de traballo dun pescador, e eso se a costeira era boa. A
organización cenetista movilízouse diante do conflicto, artellando
apresuradamente a solidariedade dos sindicatos de Ferrol, San Claudio,
Cedeira, Pontedeume, Neda, O Seixo, Barallobre, Xubia, Cabanas, Simou,
Mugardos, Sada e Betanzos, ademáis dos sindicatos pesqueiros adheridos á
F.R.I.P. Como queira que os folguistas non cedían na súa actitude e
ademáis contaban coa solidaridade da opinión pública e da CNT, a patronal
tivo que conceder as melloras pedidas polos traballadores. Pero o
movemento folguístico ainda durou ata o día 28 de setembro, en que foron
postos en libertade todolos traballadores detidos, e condonadas as multas
que se lles impuxeran. Apenas uns días despois desta folga, se produciu o
movemento de Outubro do 34, a chamada "Revolución de Asturias". Este
intento insurreccional foi artellado polos socialistas contra do goberno
da dereita e, en boa parte da Galiza, foi secundado polos traballadores
anarcosindicalistas. Ao pouco de iniciarse o movemento, o 4 de outubro,
Manuel Pita Armada foi detido en Cedeira; ademáis, produciuse a
sublevación de 21 mariñeiros de Cariño no pesqueiro "Marichu", que foron
detidos polas autoridades e posteriormente trasladados ao Castelo de San
Felipe . A participación dos traballadores cariñeses no levantamento
produciu outra suspensión do S.I.P. e a clausura do Ateneo Cultural
Recreativo Cariñense. En 1935, coa volta á legalidade do Sindicato, veu
producirse unha importante expansión da CNT na comarca aumentando a
afiliación en Cariño e extendendo a organización a outras vilas. Do mesmo
xeito que a existencia da F.R.I.P. posibilitou a expansión da organización
anarcosindicalista mariñeira polos mais importantes portos do Cantábrico,
a existencia do S.I.P. de Cariño posibilitou a implantación da CNT nos
portos de Espasante, O Barqueiro (este xa en 1936) e incluso ata Celeiro.
Esta extensión da organización ven producida polo frecuente contacto entre
os traballadores da pesca e da industria conserveira e pola importante
movilidade existente nos oficios pesqueiros. En plena expansión da CNT
tivo lugar a visita a Cariño de Federica Montseny, unha das figuras máis
importantes da CNT catalana (e despois ministra de Sanidade durante a
Guerra Civil). Federica Montseny lembrou sempre esta visita a Cariño, pois
quedara fortemente impresionada pola dureza do traballo das mulleres na
descarga do peixe e pola simpatía e sinxeleza do seu auditorio cariñense.
Na vila ortegana compartiu o estrado cos cadros da "Regional Galaica" da
CNT Claro José Sendón e Jaime Baella, e tamén con José Suárez, como
secretario do S.I.P. de Cariño. A impresión que lle causou esta viaxe
quedou reflectida nunha serie de artigos que Federica publicou en "La
Revista Blanca" (compilados recentemente nun folleto polo Ateneu
Libertario "Ricardo Mella" de A Coruña) e no seu libro de memorias "Mis
primeros cuarenta años". En 1936, cando se celebrou o Congreso da CNT en
Zaragoza, o Sindicato de Cariño tiña xa 1200 afiliados (seguramente esta
cifra abranguía tamén aos afiliados dos pequenos sindicatos da comarca, xa
que a poboación de Cariño naquelas datas era duns 6.000 habitantes).
Convertíase así nun dos máis poderosos sindicatos da "Confederación
Regional Galaica" da CNT, estando á altura, a nivel de afiliación
absoluta, do Sindicato de Industria Naval de Ferrol. Ao producirse o
levantamento militar de 1936, os sindicalistas de Cariño tentaron artellar
a resistencia aos militares, pero diante das novas do fin da resistencia
en Ferrol e A Coruña, tomaron a decisión de fuxir no vapor "Arkale", no
que 38 persoas escaparon cara a Francia. Algúns cenetistas que quedaron en
terra, como Antonio Pita Armada, Modesto Senra Martínez ou José Antonio
Timiraos, foron asasiñados na represión posterior ao alzamento. Outros
dous irmaos de Manuel Pita Armada, Luis e Manuel Francisco, foron tamén
fusilados o día 6 de setembro de 1936, cos anteriores. Xa na zona
republicana, os cariñenses tiveron unha destacada participación nas
Agrupaciones de Gallegos Libertarios fundadas en diversas cidades da
España Republicana polos cenetistas galegos que conseguiran escapar da
Galiza. Antonio Blanco Fernández e Manuel Ramos Escariz participan na
Agrupación de Gallegos Libertarios de Asturias, Evaristo Casas Dopico na
de Girona e Venancio Breijo Alonso, Vicente e Manuel Pita Armada na de
Cartagena. Os irmaos Pita Armada estiveran tamén en Almería, onde
desenvolveran traballos de asesoramento aos pescadores da zona na creación
das industrias conserveiras colectivizadas, aproveitando a súa experiencia
no tema. Coa derrota do exército republicano algúns deles lograron fuxir a
outros países; José, Vicente e Manuel Pita Armada remataron en Chile.
Acompañados doutro cenetistas cariñés, Manuel Docal Breijo, os irmaos Pita
Armada seguiron vencellados as actividades pesqueiras. Sara Mandía e o seu
compañero Cipriano López Armada establecéronse en Montpellier (Francia).
Do resto, da maioría, perdeuse o rastro no fragor da contienda civil. En
pouco tempo os homes e mulleres de Cariño foron quen de artellar un
instrumento de defensa contra das imposicións e abusos da patronal das
industrias pesqueiras e conserveiras. O Sindicato de Industria Pesqueira
convertíuse en apenas dous anos, nun baluarte na defensa das
reivindicacións dos obreiros e obreiras de Cariño, chegando a ser un dos
Sindicatos máis importantes da Galiza. O triunfo do levantamento militar
rematou co crecemento do S.I.P., pero sería inxusto esquecer todo aquel
traballo de organización e deixar morrer a súa memoria…
http://www.unionlibertaria.org/articles.php?lng=gl&pg=19



*******
********
****** Serviço de Notícias A-Infos *****
Notícias sobre e de interesse para anarquistas

******
ASSINATURAS: lists@ainfos.ca
RESPONDER: a-infos-d@ainfos.ca
AJUDA: a-infos-org@ainfos.ca
WWW: http://www.ainfos.ca/org
INFO: http://www.ainfos.ca/org

Para receber a-infos numa língua apenas envie para lists@ainfos.ca
a mensagem seguinte:
unsubscribe a-infos
subscribe a-infos-X
onde X= pt, en, ca, de, fr, etc. (i.e. o código de idioma)

A-Infos Information Center