A - I n f o s
a multi-lingual news service by, for, and about anarchists **

News in all languages
Last 30 posts (Homepage) Last two weeks' posts

The last 100 posts, according to language
Castellano_ Català_ Deutsch_ English_ Français_ Italiano_ Polski_ Português_ Russkyi_ Suomi_ Svenska_ Türkçe_ All_other_languages _The.Supplement
{Info on A-Infos}

(pt) Crónica das xornadas contra a guerra en Vigo.

From "casarejos" <j.m.casarejos@terra.es>
Date Sat, 22 Feb 2003 23:37:47 +0100 (CET)


   ______________________________________________________
      A - I N F O S  S e r v i ç o  de  N o t í c i a s
                  http://www.ainfos.ca/
              http://ainfos.ca/index24.html
     ________________________________________________

Para recuperar e difundir en Vigo, a nosa visión anticapitalista e
libertaria do antimilitarismo, a CNT de Vigo, a CGT, o Ateneo Libertario
e a Asemblea Azrael da Universidade de Vigo, constituíronse como
“Asemblea contra a guerra e o militarismo” de cara a organizar as
xornadas contra a guerra que consistiron nos seguintes actos:

Mércores 6 de Febreiro, Carlos Taibo profesor de Ciencias Políticas na
Univ. Autónoma de Madrid, deu unha charla na Fed. de A.A.V.V. “Eduardo
Chao”, co título “Guerra entre barbaries de Nova Iork a Bagdad”, cunha
boa acollida dos asistentes en torno ó centenar, e na que durante unha
hora analizou o imperio globalizado, a criminal política exterior
americana, as recentes guerras, etc; e durante outra hora mais produciuse
un animado diálogo entre os asistentes e o conferenciante.

Sábado 8 de Febreiro, realizouse esa tarde unha asemblea pública na Praza
da Princesa, convocados mediante cartaces pegados polas rúas da cidade
mais de 150 persoas se concentraron na praza, e durante hora e media
foron animándose persoas de todo tipo a intervir collendo o micro, co que
se logrou o ambiente de confianza necesario para comunicarnos mutuamente
o noso rexeitamento a guerra, que era a finalidade do acto.
Para comezar leuse un texto para animar á xente a participar explicando o
sentido do acto e suxerindo uns temas como punto de partida: Razóns da
guerra en Iraq e no mundo, por qué nos opoñemos a guerra e con qué
medios, e a nosa campaña contra o militarismo; para rematar o acto leuse
o comunicado.


Xoves 13 de Febreiro, proxectamos o vídeo “A chaqueta metálica” no pub
Uf, e logo un membro do Colectivo de Obxección Fiscal explicou en que
consiste esta forma de desobediencia civil contra os gastos militares, se
ben a campaña para este ano aínda non está completamente preparada.

Venres 14 de Febreiro, actuaron os grupos “Trokko”, “Farrapo de Ghaitax”
e “O xigante verde” na sala Anoeta, cunha boa acollida de público que só
tivo que pagar dous euros, e no que tódolos asistentes o pasamos moi ben
nun ambiente no que se mesturaron diversión e compromiso.

Manifestación contra a guerra do 15 de Febreiro en Vigo
Unhas 200.000 persoas se manifestaron contra a guerra en Vigo, segundo os
convocantes da manifestación organizada por PSOE, BNG, etc; cando a
cabeceira xa chegara a rúa Concepción Arenal que era onde acababa, a cola
aínda non saíra. Isto provocou que a saída da nosa manifestación así coma
o seu percorrido se retrasase moito, a fin de contas alégranos que a
cidadanía viguesa igual que ocorreu en todo o mundo, saíse en masa ás
rúas para rexeitar a guerra, pero non nos alegra igual a mesquindade
deses partidos e a complicidade da prensa; ante a nosa negativa a diluír
a nosa mensaxe na súa convocatoria, como nos xa tiñamos comezado os actos
da nosa campaña e autorizado o percorrido da nosa manifestación, eles non
podendo permitir que nos fóxemos diante deles, convocaron a súa
manifestación á mesma hora sete da tarde, pero xusto diante, a súa saíu
do cruce de Urzaiz con Gran Vía, e a nosa saíu da Vía Norte para rematar
na Praza da Princesa.
A prensa a pesar de coñecer que a nosa campaña era anterior a súa
convocatoria, presentou a nosa como unha manifestación alternativa á
oficial
 e o “ay-untamiento” que nos prometera un palco e megafonía, cambiou de
 idea
poñéndollo a eles e escusándose con que non tiña cartos para poñer dous.
Durante o tempo que estivemos alí parados aproveitamos para repartir os
nosos panfletos e para tentar aquecer berrando os nosos lemas.
Pouco a pouco fomos avanzando por etapas, desprazabámonos uns metros e xa
tiñamos que parar, durante o percorrido escoitáronse lemas como “os
capitalistas son os terroristas”, “Bush-Aznar asasinos”, ou o lema da
nosa pancarta de cabeceira “Non mais sangue por petróleo”, tamén en
varias ocasións compañeiras escenificaban un bombardeo con sirena,
petardo e desmaio incluído.
Ó pasar a rúa Colón, deixamos de ter a outra manifestación diante nosa,
fíxose unha pequena sentada ó comezo da rúa Policarpo Sanz, e cando
chegamos finalmente á Praza da Princesa eramos mais de 1500 persoas.
Aínda que a convocatoria como “Asemblea contra a guerra e o militarismo”
tiña un carácter local á manifestación uniuse a convocatoria da Xuntanza
Libertaria a nivel galego, tamén é de agradecer a presencia de membros da
CNT doutras localidades galegas especialmente de Compostela.
Unha vez na Praza, a Xuntanza leu o seu manifesto por medio dun membro da
Unión Libertaria de Ferrol, e Joseph Ghanime,  CNT e ex-preso nun cárcere
militar por insubmiso nos cuarteis, leu o comunicado da Asemblea.




*******
                                ********
            ****** Serviço de Notícias A-Infos *****
         Notícias sobre e de interesse para anarquistas

                                ******
                 ASSINATURAS: lists@ainfos.ca
                 RESPONDER: a-infos-d@ainfos.ca
                 AJUDA: a-infos-org@ainfos.ca
                 WWW: http://www.ainfos.ca/org
                 INFO: http://www.ainfos.ca/org

Para receber a-infos numa língua apenas envie para lists@ainfos.ca
 a mensagem seguinte:
                    unsubscribe a-infos
                    subscribe a-infos-X
onde X=  pt, en, ca, de, fr, etc. (i.e. o código de idioma)

A-Infos Information Center