A - I n f o s
a multi-lingual news service by, for, and about anarchists **

News in all languages
Last 40 posts (Homepage) Last two weeks' posts

The last 100 posts, according to language
Castellano_ Català_ Deutsch_ Nederlands_ English_ Français_ Italiano_ Polski_ Português_ Russkyi_ Suomi_ Svenska_ Türkçe_ The.Supplement
{Info on A-Infos}

(pt) [Nova publicação libertária galega:]"Marea Negra"

From a-infos-pt@ainfos.ca
Date Sun, 4 May 2003 13:38:28 +0200 (CEST)


______________________________________________________
A - I N F O S S e r v i ç o de N o t í c i a s
http://www.ainfos.ca/
http://ainfos.ca/index24.html
________________________________________________

de http://mareanegra.imess.net
E D I T O R I A L
A publicación "Marea Negra" nace en febreiro do 2003 como expresión da
rabia e a indignación pola catastrofe do goberno "Aznar". A situación
creada polos enganos gubernamentais e a traxedia causada pola súa
incompetencia foi unha badalada que despertou moitas conciencias e desfixo
aquela idílica imaxe da nosa terra que a dereita quería debuxar. A nós
chegounos toda aquela merda pestilente, que desfixo un pouco máis a nosa
economía, máis entre nós xurdíu tamén unha marea de esperanza: o esforzo e
a autoorganización dos traballadores e traballadores das nosas rías foi
quen de parar o fuel e, se cadra, será quen de limpar as nosas rías e toda
a nosa terra daquela casta de vividores e caciques que vimos padecendo;
incluso daqueles que, surfeando nas vagas de fuel, queren deixarse caer
como salvadores da patria, ocupando con presteza os postos que queden
valeiros.
Aparece así o xornal "Marea Negra", para apoiar esa vaga de indignación
que percorre a nosa terra, e para tentar converter ese sentimento nun
esforzo constructivo: potenciar o traballo das organizacións de base e
desmontar o engano constante ao que estamos sometidos. Que a información e
a opinión sirvan como ferramenta para a transformación e para a
liberación. Pregamosvos que unades as vosas voces e a vosa forza neste
traballo común; non para empoleirar novos gobernantes, senón para
construirmos entre todos unha sociedade mellor, máis xusta, máis
democrática, máis solidaria. Porque despois de limpar o noso mar, temos
que limpar a nosa terra.A Asociación Cultural Xerminal
Mar de fondo

Despois do "Prestige" nada vai ser igual. A nosa terra mudou completamente
dende aqueles tristes días de novembro. Unha traxedia de impresionantes
dimensións causada pola prepotencia dun governo irresponsable fixo o que
parecía imposible: a rede clientelar tecida polo PP tremeu baixo o impulso
dunha sociedade que espertaba dun longo letargo. A xente comezaba a
cuestionar seriamente a capacidade das persoas que estaban a governar o
país e mesmo a poñer en cuestión todo o sistema político. Porque os que
recolleron o fuel coas súas propias mans, os que participaron en
manifestacións que non existiron para os medios de comunicación, e a
poboación en xeral, decataronse de que as institucións que decían
representar a vontade popular foron as que conduciron ao país cara a
catástrofe. Fronte á marea negra, á marea de embustes, á marea de
limosnas, estivo e estará a marea humana e radicalmente democrática dunha
sociedade que xa non comulga con rodas de muiño. Nin Aznar, nin Fraga, nin
o Partido Popular van poder parar esta marea...No segundo número...

Nesta ocasión. ampliamos en 2 páxinas a publicación. Este esforzo supón
que a publicación deixa de ser gratuita e pasa a costar 0'60 € para
recuperar, polo mesnos en parte o custo da mesma
Democracia made in USA en Iraq é o artículo de cabeceira no que se
comentan sucintamente varios aspectos relacionados coa guerra e ocupación
posterior deste pais polos EEUU.
Pero nada mellor que ollala para disfrutala. Podedes descagar a publicacón
completa en fomato PDF premendo na ligazón: Xornal Marea experimental Maio
2003 (2 MB). Xa sabes, copia, difunde...


*******
********
****** Serviço de Notícias A-Infos *****
Notícias sobre e de interesse para anarquistas

******
ASSINATURAS: lists@ainfos.ca
RESPONDER: a-infos-d@ainfos.ca
AJUDA: a-infos-org@ainfos.ca
WWW: http://www.ainfos.ca/org
INFO: http://www.ainfos.ca/org

Para receber a-infos numa língua apenas envie para lists@ainfos.ca
a mensagem seguinte:
unsubscribe a-infos
subscribe a-infos-X
onde X= pt, en, ca, de, fr, etc. (i.e. o código de idioma)

A-Infos Information Center