A - I n f o s
a multi-lingual news service by, for, and about anarchists **

News in all languages
Last 30 posts (Homepage) Last two weeks' posts

The last 100 posts, according to language
Castellano_ Català_ Deutsch_ English_ Français_ Italiano_ Polski_ Português_ Russkyi_ Suomi_ Svenska_ Türkçe_ All_other_languages _The.Supplement
{Info on A-Infos}

(pt) Galiza:Asemblea contra a guerra e o militarismo

From <j.m.casarejos@terra.es>
Date Fri, 31 Jan 2003 10:54:41 -0500 (EST)


   ______________________________________________________
      A - I N F O S  S e r v i ç o  de  N o t í c i a s
                  http://www.ainfos.ca/
              http://ainfos.ca/index24.html
     ________________________________________________

Enrique Casarejos em 2003-01-31
Constitúese en Vigo a "Asemblea contra a guerra e o
militarismo", formada pola CNT-ait , Ateneo Libertario, e CGT ;
dicir tamén que a pesar que a asemblea ten un carácter local, á
manifestación do día 15 de Febreiro sumouse a "Xuntanza
Libertaria" que agrupa a diversos colectivos, ateneos
libertarios e sindicatos de Galiza.

Manifesto:
NON MÁIS SANGUE POR PETRÓLEO
Non nos gustaría facer aquí soamente un chamamento pola paz e
contra o militarismo, senón tamén manifestar cómo os poderosos
actúan en todo momento en contra do benestar da humanidade, da
igual que sexan sanguinarios dictadores do terceiro mundo como
en Iraq, multimillonarios metidos a líderes da guerra santa como
Bin Laden, ou presidentes de xenocidas democracias occidentais
como Bush.
A guerra agora aparece como unha necesidade para consolidar o
Imperio que trae asociado a globalización capitalista, e que
substitúe a anterior legalidade internacional fundada na ONU e
outros organismos que agora xa non son útiles ós USA, o que
subxace é unha redistribución do poder e a riqueza entre as
elites.
Esta guerra pretende proclamar ós USA como líder do Imperio
Global, o centro activo e determinante de tódolos asuntos
mundiais, xa sexan económicos, militares ou políticos, asumindo
en solitario a autoridade como policía planetario.
O establecemento deste Imperio como forma de goberno mundial,
beneficia ós intereses das corporacións transnacio-nais non só
pola súa insaciable necesidade de petróleo (sexa iraquí ou
venezolano) senón porque ó mesmo tempo que elimina posibles
ameazas, garante os beneficios potenciais que comporta para eles
a imposición da globalización capita-lista, dándolles liberdade
para a súa pillaxe planetaria.
Basta e sobra cunha soa negra razón para xustificar o
arrebatarlle a vida e a facenda a millóns de persoas, que nada
lles fixeron senón habitar sobre o petróleo que cobizan. A orde
mundial no nacente século XXI, desprende un pestífero chei-ro a
petróleo, cartos e sangue.
Esta é a catástrofe que segue á imposición do actual modelo
enerxético, que leva a corrupción e o horror a moitos luga-res e
destrúe o medio ambiente planetario (e sen ir mais lonxe as
nosas propias costas).
O Imperio hoxe é unha rede composta de diferentes tipos de
poderes, unha serie de organismos nacionais e suprana-cionais
unidos baixo unha lóxica única de goberno; que regula os
intercambios culturais, económicos e políticos mun-diais e
goberna efectivamente o mundo. É unha nova soberanía que
substitúe a anterior soberanía estatal, non ten lími-tes
espaciais nin temporais (presentase como unha orde inmutable que
fixa o presente estado das cousas).
Este Imperio está moi xerarquizado cos USA á cabeza, e cunha
aristocracia das nacións formada polas organizacións
supranacionais (U.E., G8, B.M., F.M.I., etc), e para manterse
necesita o compromiso das grandes multinacionais, e dos grandes
grupos mediáticos e financeiros; forman unha rede mundial que
embarca a toda a humanidade nun apoio uná-nime e forzado ós
intereses dunha minoría.
Os acontecementos do 11 de Setembro, déronlle a Bush, a
oportunidade de impoñer este pensamento único no Imperio. A
emerxencia antiterrorista permite xestionar de forma autoritaria
(militarista): a crise económica (unha forte recesión que
afronta o capitalismo internacional), a crise política de falta
de lexitimidade (foméntase o patriotismo buscando a cohe-sión
interna e como forma de desautorizar a que non os apoia) e
permite restrinxir as liberdades públicas para afondar no
control social.
No estado español, o goberno do PP manifesta un apoio
incondicional ós plans dos USA presentándose como o que é, un
monicreque nas mans dos grandes poderes económicos mundiais, o
PSOE (ó igual que os gobernos dalgúns países europeos) mantén o
mesmo apoio de sempre ós intereses dos USA, pero necesita a
maquillaxe da ONU para xustificalo, e o exército aparece de novo
coa súa verdadeira cara, despois de que tentaran limpala súa
imaxe vendéndoo como humanitario, limpando praias, etc, para
xustificar que cada vez custe máis millóns, agora aparece como
instrumento do proxecto de saqueo e sangue universais.
Ante isto parece inevitable que os USA emprendan unha campaña
militar a grande escala contra Iraq, xa que por unha banda
xustifican o aumento da súa presencia militar nos países da
zona, e unha vez conquistado Iraq establecerán alí bases
militares, para garantir o seu dominio permanente de Oriente
Medio.
Ó mesmo tempo estamos embarcados nunha guerra contra o
terrorismo, que se iniciou co ataque a Afganistán, pero que pode
estenderse a todas as rexións do planeta; o seu aspecto mais
importante é a lexitimación da política americana de seguridade
e a extensión do estado de guerra permanente, fundamentado en
que ante as ameazas non deben limitarse a reaccionar, senón que
teñen que anticiparse con ataques preventivos e o lema de
“comigo ou contra min”.
Os USA neste caso non crean a ilusión (necesaria noutros
momentos) de que esta guerra traerá a paz, senón que a presentan
como de longa duración, quizá interminable, caracterizada pola
continua aparición de novas ameazas: a ilu-sión coa que se xoga
hoxe e coa da seguridade (presentada como un ben da humanidade,
é na realidade a defensa dos intereses dos poderosos).

Ante todo isto, a humanidade ten que plantarse fronte as elites
económicas e políticas para desenmascarar a inmorali-dade dos
seus crimes, facerlles ver que os seus planos non lles van ser
tan beneficiosos como pensan porque social-mente van ir perdendo
o apoio que necesitan para xustificarse, non poden reclamar
permanentemente que a súa lexiti-midade provén do pobo, se a
xente desautoriza e desobedece publicamente as súas políticas
onde pesan mais os bene-ficios económicos e xeopolíticos duns
poucos do que a vida de milleiros de persoas.

Non debemos esquecer que toda ofensiva militar leva aparellada
unha ofensiva propagandística nos medios de comuni-cación, a
vulnerabilidade duns exércitos invencibles, atopámola na
conciencia da opinión pública mundial que tentan adormecer.

Igual que eles crean focos de conflicto militar por todo o
mundo, a humanidade ten que respostar creando focos de
con-flicto antimilitar en tódolos lugares do planeta.

ACTOS CONTRA A GUERRA
XOVES 6 DE FEBREIRO: ÁS 19:00 CHARLA DE CARLOS TAIBO (PROFESOR
DE CIENCIAS POLÍTICAS DA UNIV. AUTÓNOMA DE MADRID) CO TÍTULO:
“GUERRA ENTRE BARBARIES, DE NOVA IORK A BAGDAG”, NA FEDERACIÓN
DE A.A.V.V. “EDUARDO CHAO”.

SÁBADO 8 DE FEBREIRO: ÁS 19:00 “ASEMBLEA PÚBLICA CONTRA A
GUERRA” NA PRAZA DA PRICESA.

XOVES 13 DE FEBREIRO: ÁS 19:00 PASE DO VÍDEO “LA CHAQUETA
METÁLICA” E PRESENTACIÓN DA CAMPAÑA POLA OBXECCIÓN FISCAL ÓS
GASTOS MILITARES, NO CAFÉ UF RÚA PLACER.

VENRES 14 DE FEBREIRO: ÁS 22:30 CONCERTO NA SALA ANOETA R/
GREGORIO ESPINO,2
GRUPOS: TROKKO, FARRAPO DE GHAITAX, O XIGANTE VERDE. PREZO 2
Euros.

SÁBADO 15 DE FEBREIRO: ÁS 19:00 MANIFESTACIÓN DESDE VIA NORTE
ATA PORTA DO SOL.

Ademais dos actos expostos, de producirse o ataque convocamos
ese mesmo día a unha concentración automática ás 20:00 horas en
fronte ó M.A.R.C.O. na rua do Príncipe.




*******
                                ********
            ****** Serviço de Notícias A-Infos *****
         Notícias sobre e de interesse para anarquistas

                                ******
                 ASSINATURAS: lists@ainfos.ca
                 RESPONDER: a-infos-d@ainfos.ca
                 AJUDA: a-infos-org@ainfos.ca
                 WWW: http://www.ainfos.ca/org
                 INFO: http://www.ainfos.ca/org

Para receber a-infos numa língua apenas envie para lists@ainfos.ca
 a mensagem seguinte:
                    unsubscribe a-infos
                    subscribe a-infos-X
onde X=  pt, en, ca, de, fr, etc. (i.e. o código de idioma)

A-Infos Information Center