A - I n f o s
a multi-lingual news service by, for, and about anarchists **

News in all languages
Last 40 posts (Homepage) Last two weeks' posts

The last 100 posts, according to language
Castellano_ Català_ Deutsch_ Nederlands_ English_ Français_ Italiano_ Polski_ Português_ Russkyi_ Suomi_ Svenska_ Türkçe_ The.Supplement
First few lines of all posts of last 24 hours || of past 30 days | of 2002 | of 2003

Syndication Of A-Infos - including RDF | How to Syndicate A-Infos
Subscribe to the a-infos newsgroups
{Info on A-Infos}

(pt) CNT de Galiza : A un ano do afundimento do "Prestige"

From a-infos-pt@ainfos.ca
Date Sun, 7 Dec 2003 20:21:56 +0100 (CET)


______________________________________________________
A - I N F O S S e r v i ç o de N o t í c i a s
Notícias sobre e de interesse para anarquistas
http://ainfos.ca/ http://ainfos.ca/index24.html
________________________________________________

A un ano do afundimento do "Prestige" poucas cousas mudaron no fundo: os
barcos seguen a pasar polas nosas costas con mercadorias perigosas e sen
nengún controlo ; às costas segue a chegar o fuel devagariño mais
constante ; a xente afectada ainda non cobrou todo o que tiña que cobrar ;
os fundos marinos seguen sen se analisar ; o partido petroleador segue a
governar e censurar ; seguimos sen ter barcos de salvamento marítimo en
condicións ; non hai un porto de abrigo (hai uns meses ainda tiraron fora
da boca do porto da Coruña as agullas do Mar Exeo) ; segue-se sem ter un
plano integral de rexeneración de toda a costa….etc. En definitiva nada
mudou pois as condicións que houvo aquel 13 de Novembro do 2002 que deron
lugar a unha das maiores catástrofes ecolóxicas mariñas a nível mundial,
poden-se repetir en calquer momento.
Andan a dicer que @s traballador@s do mar xa enchen as redes e as cestas
con marisco e peixe en óptimas condicións, mais sabe-se que na Costa da
Morte as captura foron para abaixo e non se sabe o que pode acontecer de
aquí a dez anos, por non falar do hidrocarburo presente xa na cadea
alimentária. No caso do Exxon Valdez, en Alaska, despois de mais de dez
anos ainda están a pagar as consecuéncias, xa que a dia de hoxe hai menos
peixe e segue a haber restos, e contan que o ecosistema de Alaska ainda
tarde en rexenerar-se anos, mais aquí como somos tan listos solventamos
todo nun ano, segundo os conselleiros da Xunta e do governo central está
xa todo solventado e hai mais peixe que antes.Haveria que ir a pé de porto para coñecer exactamente o que acontece e
pode que leváramos surpresas, e o Conselleiro de Pesca segue a dicer que
foi a mellor opción o alonxamento do buque ?? e o te-lo dando tombos
durante 6 dias, abrindo a fenda que tiña para que mellor deitara o fuel.
Son fantásticos os políticos, menten, censuran e por riba levan razón e
ollo ! non dimite ninguén.
Neste ano tamén aconteceron outras cousas : a xente organizou-se, primeiro
espontaneamente e logo, a necesidade fixo que se tivera que seguir a
traballar arreo na recollida do piche, pois as autoridades autoritárias e
fascistas do Estado e da Xunta non actuaban ou cando o facian era unha
auténtica desfeita.Aprendeu-se neste tempo que temos que reciclar os materiais, xa que no
comezo tirávamos tudo : desde botas case limpas até traxes de água.
Aprendemos tamén, e sobretudo, que o apoio mútuo e a solidariedade é o
único que temos @s traballador@s para poder sairmos dos desastres do
poder. E conseguiu-se que centos de miles de persoas de todo o mundo
puxeramo-nos sacar a merda que os políticos e o capital mais depredador
levaran às nosas praias, e case o conseguimos. As movilizacións levadas a
cabo na Galiza convocadas por NUNCA MAIS, foron talvez as mais grandes da
nosa história e levamos ao mundo o problema que supoñen os
super-petroleiros para todos nós e para o ecosistema mariño.
A indústria do petróleo move no mundo non só intereses económicos do
capital senón que é a principal fonte de ingresos de muitos países. Esta
indústria baseada na comercialización a nível enerxétido dun fósil de
cantidade finita no planeta e que se está a rematar, significa non pór en
cuestión o principal : o modelo enerxético. Este modelo leva a destrución
ecolóxica sistemáticamente a a destruición humana de muitos povos que
están submetidos às mais terríbeis ditaduras só porque teñen petróleo, por
teren petróleo invaden os países e montan-se guerras. En definitiva a pose
do líquido negro (líquido é un dicer) é un dos principais sinais de poder
dos Estados.A supeditación a un modelo enerxético agresivo e destrutivo, é a orixe do
acontecido nas nosas costas. Enerxia nuclear, petróleo... son produtos
contaminantes que non serven mais que para enriquecer a uns poucos, e
condear à morte, miséria e desastres ecolóxicos a muitos. OUTRO MODELO
ENERXÉTICO SI É POSÍBEL.
Neste ano vimos como os políticos da Xunta e do Estado non se paran en
nada com tal de que o grande capital siga a ter-nos submetidos : menten,
calumnian, descalifican, censuran e se non chega van ao ataque frontal
contra calquer disidéncia, chegando a listas negras, coaccións de
persoas... mais tod@s sabemos que o barco segue ai e é unha bomba que pode
estallar en calquer momento.Mais tamén pudemos ver na Galiza como xunt@s podemos enfrentar-nos com
dignidade a todos eles, e saímos a rua e reivindicamos, berramos até ficar
rouc@s e entre berro e berro iamos limpar coas nosas maos o que o capital
e o estado estragara. Somos quen de auto-organizar-nos e exixir solucións
que até xa non chegaron pois seria pór en cuestión todo este sistema
inxusto.
En definitiva temos que insistir e seguir a loitar polo noso mar e a nosa
vida e para iso hai que ir criando unha consciéncia colectiva de
insubmisión e de transformación dunha realidade que é inmoral e inxusta.
Os empresários e os políticos non están para salvar-nos somos os
traballadores e traballadoras @s únic@s que podemos, e temos que mudar o
mundo.
REMATEMOS XA COA DELINCUÉNCIA DO CAPITAL E DO ESTADO

QUE SE VAIAN TODOS !



*******
****** Serviço de Notícias A-Infos *****
Notícias sobre e de interesse para anarquistas
******
INFO: http://ainfos.ca/org http://ainfos.ca/org/faq.html
AJUDA: a-infos-org@ainfos.ca
ASSINATURA: envie correio para lists@ainfos.ca com a frase no corpo
da mensagem "subscribe (ou unsubscribe) nome da lista seu@enderço".

Indicação completa de listas em:http://www.ainfos.ca/options.html


A-Infos Information Center