A - I n f o s
a multi-lingual news service by, for, and about anarchists
**
News in all languages
Last 30 posts (Homepage)
Last two
weeks' posts
The last 100 posts, according
to language
Castellano_
Català_
Deutsch_
English_
Français_
Italiano_
Polski_
Português_
Russkyi_
Suomi_
Svenska_
Türkçe_
All_other_languages
_The.Supplement
{Info on A-Infos}
(pt) Galiza: A POLICÍA CARGA CONTRA O GRUPO DE PERSOAS QUE SE ENCADEARON ANTE O PARLAMENTO GALEGO
From
Worker <a-infos-pt@ainfos.ca>
Date
Thu, 5 Dec 2002 18:27:36 -0500 (EST)
______________________________________________________
A - I N F O S S e r v i ç o de N o t í c i a s
http://www.ainfos.ca/
http://ainfos.ca/index24.html
________________________________________________
O encadeamento comezou ás 17 horas do 3 de decembro ante o
parlamento galego... o grupo de encadead@s estaba formado por 6
persoas, máis outras seis que se atopaban sentadas na rúa
mostrando capazos de fuel óleo e vestidas con roupa de faena, e
unhas vinte persoas cunha faixa que dicía "SE ESTE É O PRESTIXE
DO GOBERNO GALEGO ¡¡¡REBELÉMONOS!!!"...
A concentración discurriu pacificamente durante hora e media,
como medio de protesta pola situación de catástrofe pola que
está a pasar Galiza, e indignada pola inoperancia institucional
dos poderes públicos.
Sen mediar palabra nin provocación, o grupo de policías
nacionais destacados no parlamento galego, procedeu a cargar de
forma violenta e desproporcionada , golpeando impunemente á
xente que permanecia no chan coas mans en alto.
A actuación policial saldouse con 7 persoas feridas de
consideración (brechas na cabeza, conmocións cerebrais, golpes
nos brazos e costados) que foron atendidas nos centros
sanitarios.
Unha vez máis, o goberno demostra o seu talante democrático e
repele con violencia as concentracións pacificas que
lexitimamente @s cidad@ns están a organizar en defensa dos
intereses e dereitos do pobo galego...
Como colectivo afectado presentouse a correspondente denuncia
penal ante o xulgado de instrucción en labouras de garda así
como solicitarase ao valedor do pobo que tome medidas
disciplinarias cos axentes implicados..
¡¡¡ VIOLENCIA NUNCA MÁIS !!!
ULTIMA HORA:
Vendo a repercusión que tivo nos medios a carga policial, alguén
empezou a temer polas posibles repercusións que poida ter a súa
actuación, e ás dez e cuarto desta noite (3 de decembro),
presentáronse membros da policia nacional no Hospital Clínico de
Compostela pedindo a identificación de toda a xente que acudiu
alí a curarse as feridas causadas por estes "currelas da
brutalidade", supoñemos que co fin de denuncial@s.
Non houbo detencións, nin resistencia de ningún tipo e por riba
de machacar a todo o mundo, van e métenche unha denuncia.
¿¿¿DENUNCIA, DE QUE???
NÓS QUEDAMOS MANCAD@S,
PERO O VOSO SANGUE É NEGRO COMO O CHAPAPOTE,
GUARDIANS DA INDIFERENCIA E A OPRESION
*******
********
****** Serviço de Notícias A-Infos *****
Notícias sobre e de interesse para anarquistas
******
ASSINATURAS: lists@ainfos.ca
RESPONDER: a-infos-d@ainfos.ca
AJUDA: a-infos-org@ainfos.ca
WWW: http://www.ainfos.ca/org
INFO: http://www.ainfos.ca/org
Para receber a-infos numa língua apenas envie para lists@ainfos.ca
a mensagem seguinte:
unsubscribe a-infos
subscribe a-infos-X
onde X= pt, en, ca, de, fr, etc. (i.e. o código de idioma)
A-Infos Information Center